|
Cans está ubicado entre O Porriño e Ponteareas, ou se o preferides, pegado a autovía Vigo-Ourense. O mellor para chegar alí é ir pola autovía e coller a saída 303. Está perfectamente indicado, veñades por onde veñades. Os letreiros están clariños: 303, CANS. De Vigo a 15 minutos De Ourense a 45 minutos De Pontevedra a 25 minuntos De Portugal a 15 minutos De Zona praias a 20 minutos De Santiago a 1 hora Do aeroporto de Peinador a 10 minutos Do outro Festival de Cannes a 15 horas (en coche, claro...) MÉTODOS DE TRANSPORTE Desde Vigo hai autobús cara ao Porriño cada media hora. Saen da estación de autobuses na Avenida de Madrid e tardan uns 20 minutos en chegar. A empresa Ojea, que tamén sae de Vigo cada media hora, pasa por Cans cara a Ponteareas e ten parada xusto en Cans.
|