|
Palmarés do V Festival de Cans |
|
PALMARÉS DO V FESTIVAL DE CANS Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: Sálvame, de Javier Veiga. O xurado valorou “a súa solidez narrativa, corrección formal e a súa interpretación audaz dos patróns da comedia clásica”. Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: 1977, de Peque Varela. O xurado valorou que “esta curtametraxe ten un discurso que explota cunha pincelada persoal as posibilidades da animación, combinando diferentes técnicas, e que é un traballo valente e de alta calidade artística”. Premio do público á mellor curtametraxe de animación., dotado co Can de Pedra, 3.000 euros en promoción da curtametraxe e a inclusión no programa Curtas 08 (Premio do Consorcio Audiovisual de Galicia): A revolta dos mouses, de David Gen. |
|