Apadriña un jalpón

Os jalpóns do Festival de Cans buscan padriño. As dez salas nas que se proxectan as curtas da sección oficial e as pezas das seccións paralelas e onde teñen lugar os encontros e presentacións de novos proxectos ofrécense como espazo promocional privilexiado para patrocinadores públicos ou privados que nos queiran axudar a levar adiante a duodécima edición do Festival, que se celebrará do 20 ao 23 de maio na parroquia de Cans (O Porriño).

Ler máis...
 
Abrimos convocatoria. Arrinca Cans 2015!

Unha das noticias que máis ilusión nos fai dar cada ano é esta: Abrimos as comportas! Dende hoxe e ata venres 6 de marzo recibimos cos brazos abertos as vosas curtametraxes e videoclips para a décimo segunda edición do Festival de Cans, que celebrará do 20 ao 23 de maio. Nesta 12ª edición entregaremos 12 premios: nove para curtametraxes, dous para videoclips e un honorífico, o Pedigree. Serán en total 5.200 euros en premios, ademais dos Cans de Pedra que os e as gañadoras do ano pasado locen tan orgullosos na foto de Alberto P. Barahona.

Ler máis...
 
Encallados en "Cans todo o ano"

Este domingo poñemos en marcha, da man da Sala Ingrávida do Porriño, o ciclo de cine “Cans todo o ano”. Comezamos coa proxección da longametraxe Encallados de Alfonso Zarauza, un filme que está colleitando un sorprendente éxito na súa distribución alternativa por Galicia nos últimos meses, onde a viron xa máis de 3.000 espectadores e que volve así ao primeiro lugar onde se estreou, aínda sen estar completamente rematada, no Festival de Cans 2013.

Ler máis...
 
«InicioAnterior123456SeguinteFinal»

Páxina 1 de 6
 

Twitter